Nivel Iniciación

O nivel de iniciación só se impartirá na Escola de Música e corresponderalle aos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos. Durante os dous primeiros cursos (4 e 5 anos) asistirán ás materias de Música e Movemento e Práctica Instrumental. No terceiro curso de iniciación (6 anos), ademais de cursar as materias mencionadas anteriormente, faráselle aos nenos/as, unhas probas cos distintos instrumentos co fin de valorar cal se adapta mellor as súas cualidades e desta maneira poder cursar ao ano seguinte a especialidade elixida. Para os alumnos/as que se matriculen por primeira vez en cuarto de iniciación (7 anos) non terán asignatura de instrumento, deberán de facer as probas para definir que instrumento cursarán ao ano seguinte en primeiro de Grao Elemental.

A programación didáctica de Música e Movemento e Práctica Instrumental, poden descargala accedendo ao menú: especialidades, profesores/programacións.