Escola de Música

A Escola de Música Municipal (ESMU) é unha entidade académica dedicada ás ensinanzas musicais, desenvolvemento e perfeccionamento das habilidades artísticas dos seus alumnos, con ensinanzas  non regradas.

Dentro destas ensinanzas propoñemos tres niveis de escolaridade: Iniciación, Elemental, Ampliación.

Organigrama da ESMU:

Nivel Iniciación: de catro a sete anos.

Nivel elemental: a partir dos oito anos.

Nivel ampliación: non existe límite de permanencia.