Banda Xuvenil

A Banda Xuvenil está formada por alumnos/as do Conservatorio e da Escola de Música do Grao Elemental. Conta na actualidade con 15 membros das especialidades de clarinete, frauta travesera, percusión, trompa, trombón, trompeta, tuba e saxofón.

As actuacións desenvólvense coincidindo coas audicións de cada trimestre, pero existe a posibilidade de facer intercambios con outros conservatorios e escolas de música.